O colexio a Milagrosa organiza a actividade Micoloxía para Familias

LugoXa
A anpa do colexio A Milagrosa de Lugo organiza a actividade Micoloxía para Familias.
setas fungos lepiotas
5 Out 2023

A anpa do colexio A Milagrosa de Lugo organiza a actividade Micoloxía para Familias. Unha xornada aberta á cidadanía para que as familias gozar da natureza a través do mundo dos fungos.

A xornada desenvolverase o próximo 14 de outubro, de 10 a 14 h, no Centro de Interpretación Terras do Miño e a súa contorna.

Enmárcase dentro das actividades anuais que realiza esta anpa lucense e un dos obxectivos é que tanto os pais como os seus fillos adquiran coñecementos do medio natural para que xuntos poidan gozar da natureza.

Para máis información e inscricións poden facelo por email a anpalamilagrosa@gmail.com ou por tfno. ao 671 147 046.

0.098432779312134