O Colexio Cervantes organiza a súa XV Carrera Solidaria 'Memorial Profe Alberto'

Lugo acollerá o vindeiro 25 de maio unha nova edición da tradicional Carreira Solidaria do Colexio CPR Cervantes, que este ano alcanza a súa décimo quinta edición.
O evento, organizado en colaboración co Concello de Lugo a través da área de Xuventude e Deportes, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, o CD Lugo e a Fundación Breogán, celebrarase a partir das 11:00 horas na Praza Agro do Rolo.
Baixo o lema 'Memorial Profe Alberto', todos os ingresos recadados nesta xornada solidaria irán destinados integramente á investigación do glioblastoma, unha forma agresiva de cancro cerebral.
A carreira está aberta a participantes de todas as idades e tamén inclúe unha modalidade de canicross, pensada para quen queiran correr acompañados dos seus cans.