O colexio de Antas de Ulla organiza a primeira carreira EmotionAntas Run!

LugoXa
O colexio de Antas de Ulla organiza a primeira carreira EmotionAntas Run! o próximo 20 de xuño para toda a comunidade educativa
festas Antas instituto portada
5 Xuño 2023

O colexio de Antas de Ulla organiza o vindeiro 20 de xuño a primeira edición da EmotionAntas Run! que está destinada a toda a comunidade educativa.

Esta carreira cargada de explosivas cores será o acto central da celebración fin de curso, a saída realizarase ás 11.30 dende o centro e dende a organización piden acudir con camisetas brancas ou de tons claros.

Despois da carreira continuará a festa na pista cuberta do patio do colexio con merenda e música.

349170966_1640543249761534_7883149639063074174_n
0.10281109809875