O Colexio de Arquitectos de Lugo organiza un coloquio online
As delegacións de Lugo e Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia levarán a cabo mañá, mércores 17 de marzo, a presentación 'Cidades para os coidados' correspondente ao número 17 da revista de estudos urbanos e territoriais Crítica Urbana.
A presentación farase vía telemática, de 18.00 a 20.00 horas. A inscrición é aberta e gratuíta.
Ao remate das ponencias celebrarase un coloquio, no que poderán participar todas as persoas inscritas.
Con esta xornada o COAG pretende chamar á reflexión sobre a importancia dos coidados para a nosa sociedade e sobre as súas implicacións na planificación e deseño das cidades.
Os coidados, lembran, son tarefas imprescindibles para o benestar das persoas. É un traballo invisible, mal ou non remunerado e insuficientemente valorado. Pensar a cidade dos coidados é pensar en cidades centradas nas tarefas de criar, educar, coidar ou acompañar.