O colexio de Casás conta con novo mobiliario urbano

LugoXa
El colegio de Casás de Lugo cuenta con nuevo mobiliario urbano entre los que se encuentran bancos y aparcabicis.
felipe rivas alexandre penas mobiliario casas
16 Feb 2022

A concellería de Infraestruturas Urbanas vén de instalar novos aparcabicis e bancos no colexio de Casás, respondendo a unha solicitude da comunidade educativa trasladada pola concellería de Educación.

“Desde o Goberno de Lugo continuaremos a atender as distintas solicitudes de mobiliario urbano nos centros escolares para facilitar que as nenas e nenos, ademais do persoal docente poidan asistir aos centros de ensino usando a bicicleta”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “estas medidas compleméntanse co plan de calmado de tráfico posto en marcha desde a nosa chegada ao goberno e que permitiu contar cun tráfico máis calmado na contorna dos centros de ensino”.

Durante o ano pasado, o Goberno de Lugo ampliou a capacidade de aparcabicis da cidade, colocando novos puntos no aparcadoiro municipal do Seminario Menor, na contorna do Colexio Cervantes, en Paradai, Fontiñas, na prazas do Castiñeiro e Agro do Rolo e na rúa Bispo Aguirre. Segundo Alexandre Penas, "esta acción da un paso máis no novo modelo de mobilidade que se está a implantar en Lugo, con menos coches nas rúas, e cun maior uso do transporte público e da bicicleta".

0.19170594215393