O colexio de Negueira de Muñiz suma alumnos dende o ano pasado

O CEIP de Negueira de Muñiz case duplicou as cifras de matrícula de nenos e nenas tras reabrir o curso pasado.
madrugadores nenos xogando
10 Maio 2021

O CEIP de Negueira de Muñiz case duplicou as cifras de matrícula tras reabrir o curso pasado. Na actualidade hai 17 nenos e nenas matriculados, catro deles en educación infantil e os 13 restantes entre primeiro e quinto de primaria, que contan con dúas profesoras destinadas alí este curso.

No curso 2019-2020 reabriuse este CEIP con 10 alumnos e alumnas. Igual que sucedeu nos demais centros escolares, a súa actividade ordinaria tamén se viu afectada pola situación excepcional da pandemia.

Así mesmo, hai que ter en conta a implicación de toda a comunidade escolar para impulsar o colexio de Negueira, un concello da Montaña luguesa que conta con 215 habitantes. O centro dispón dos servizos de comedor e transporte.

0.33770394325256