O colexio de San Román de Cervantes acolle a XII Feira de Artesanía
O pavillón polideportivo do colexio de San Román de Cervantes acolle este sábado, 9 de novembro, a XII Feira de Artesanía e aIV Xornada de degustación da Tenreira dos Ancares, co apoio do CDR Ancares, o Concello e a Deputación de Lugo.
Desta maneira, ás 11.00 horas comezará a xornada coa apertura dos postos da feira e a exposición da artesanía. Xa ás 14.00 horas terá lugar a degustación da Tenreira de Ancares e ás 16.00 horas será o acto de homenaxe da Carqueixa.
Logo, haberá dous obradoiros; un ás 16.15 horas de barro, e outro ás 18.00 horas de baila tradicional coa actuación dos grupos ‘Os Xardois’ e ‘Os gaioleiros’.
Finalmente, ás 20.00 horas terán lugar as actividades organizadas polo alumnado do CPI de Cervantes, coas que rematará a xornada.