O colexio Divina Pastora de Lugo celebrou o venres unha xornada de convivencia

O colexio Divina Pastora de Lugo celebrou este venres a Festa de María Auxiliadora, un dos momentos máis esperados e vividos con maior ilusión por toda a comunidade educativa.
Pola mañá, o alumnado participou nunha ofrenda floral, entregando con moito cariño as súas flores á Virxe. A continuación, gozaron dunha xornada lúdica chea de xogos, música, bailes e actividades pensadas para compartir, aprender e divertirse xuntos. Non faltou a degustación que puxo o toque máis saboroso á mañá.
Pola tarde, abriron as portas do centro para continuar a festa en familia, cun ambiente cheo de ledicia, colaboración e espírito salesiano. Pequenos e maiores compartiron xogos e bailes.