O colexio Divina Pastora Salesianos de Lugo organiza xornadas de portas abertas en 2026

O colexio Divina Pastora Salesianos de Lugo celebrará ao longo dos primeiros meses de 2026 diversas xornadas de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer o seu proxecto educativo e as súas instalacións ás familias interesadas. A programación, que comezou o 11 de decembro, inclúe actividades dirixidas a nenos e nenas, así como encontros informativos para achegar o día a día do centro á comunidade educativa.
A primeira das citas terá lugar o 30 de xaneiro de 2026 ás 18:00 horas coa actividade Xogando xunt@s, unha proposta de carácter lúdico pensada para que as familias coñezan o colexio nun ambiente participativo. O calendario continuará o 10 de febreiro ás 18:00 horas cun obradoiro de Entroido, no que se combinará a creatividade co espírito festivo destas datas. Xa o 28 de febreiro, ás 12:00 horas, o centro acollerá unha sesión de contacontos, orientada aos máis pequenos e concibida como unha experiencia educativa e de convivencia.
Ademais destas actividades abertas ás familias, o colexio Divina Pastora Salesianos de Lugo organizará visitas colexiais en diferentes datas, concretamente o xoves 19 de febreiro ás 17:00 horas, o martes 24 de febreiro ás 19:00 horas e o mércores 25 de febreiro ás 11:15 horas.
As persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través dos canais habilitados polo centro. Con esta iniciativa, o colexio busca amosar o seu modelo educativo e reforzar o contacto directo coas familias de cara ao curso académico.