O colexio Salesianos achega a prensa ás aulas a través de obradoiros e debates de actualidade

LugoXa
A lectura do xornal LUGOXA e o xénero da noticia foron os eixes vertebradores da Semana da Prensa no centro, durante a que os escolares de cursos superiores traballaron cos máis pequenos sobre a importancia das informacións no día a día Ao longo desta semana, o alumnado dos distintos cursos do Colexio Divina Pastora Salesianos de Lugo celebrou a Semana da Prensa.
salesianos_semana_da_prensa
9 Mar 2024

A lectura do xornal LUGOXA e o xénero da noticia foron os eixes vertebradores da Semana da Prensa no centro, durante a que os escolares de cursos superiores traballaron cos máis pequenos sobre a importancia das informacións no día a día

Ao longo desta semana, o alumnado dos distintos cursos do Colexio Divina Pastora Salesianos de Lugo celebrou a Semana da Prensa. A lectura do xornal LUGOXA e o xénero da noticia foron os eixes vertebradores destas actividades, que contaron coa participación e interese tanto dos escolares como do profesorado do centro.

Entre as iniciativas, o equipo docente organizou obradoiros baseados na elaboración de noticias, debates de actualidade e collages para facilitar a aprendizaxe. Ademais, os propios alumnos e alumnas de cursos superiores foron os encargados de traballar cos máis pequenos sobre a importancia dos xornais e as noticias no día a día.

Deste xeito, puideron achegarse aos tipos de contidos dos diarios grazas á análise dos contidos locais da nosa cidade. Por outra banda, do día 4 ao 8 de marzo, tamén traballaron nas aulas de xeito individual e cooperativo os estudantes tanto das etapas de Educación Infantil  e Educación Primaria como os de Educación Secundaria Obrigatoria.

Con esta iniciativa confirman que a prensa e a escola é unha boa mestura e apoian a conmemoración coa que se pretende destacar a importancia dos medios de comunicación na programación didáctica e necesidade de integrar novas estratexias educativas nos centros. Incluír os xornais nos colexios axuda aos estudantes a desenvolver mellor a escrita e a lectura, ademais de invitar á reflexión e a que os máis novos poidan adoptar actitudes máis críticas.

0.21202898025513