O Colexio Salesianos de Lugo traballou a Semana da Prensa con exemplares do xornal Lugoxa

LugoXa
Os alumnos e alumnas descubriron como a portada serve como carta de presentación, ademais de analizar as seccións e os contidos que dan forma a cada número
Lugoxa-día-da-prensa-Salesianos
13 Mar 2025

O xornal Lugoxa foi o protagonista dunha actividade educativa celebrada no Colexio Salesianos de Lugo con motivo da Semana da Prensa.

Durante a xornada, os estudantes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria tiveron a oportunidade de traballar con diversos exemplares do xornal, pertencentes a diferentes meses, para afondar no seu contido e aprender sobre o mundo do xornalismo.

A actividade contou cunha visita especial dunha das redactoras de Lugoxa, que explicou aos nenos e nenas en que consiste o xornalismo, os diferentes xéneros xornalísticos e as partes que conforman un xornal impreso.

Os alumnos e alumnas descubriron como a portada serve como carta de presentación, ademais de analizar as seccións e os contidos que dan forma a cada número.

Esta iniciativa, que combina a educación e a práctica do xornalismo, tivo como obxectivo achegar aos máis pequenos ao mundo da información e a importancia dos medios de comunicación na sociedade.

A xornada foi unha oportunidade única para que os estudantes se familiarizaran co funcionamento dun xornal e coa relevancia do xornalismo na vida diaria.

⚙ Configurar cookies
0.0833899974823