O Coliving Artístico de Lugo ofrece unha sesión de escoita para o movemento cultural

LugoXa
O encontro será o punto de partida dunha serie de actividades de co-deseño que conectarán a profesionais da cultura tanto locais como estatais e internacionais
obradoiro_Coliving_artistico_municipal_lugo
28 Jul 2024

O Coliving Artístico Municipal de Lugo impulsado polo Executivo de Paula Alvarellos acollerá, o vindeiro martes 30 de xullo ás 18.00 horas, a súa primeira sesión de escoita, un evento aberto a axentes e colectivos culturais da cidade. Esta actividade contará coa participación do concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen explicará en detalle o proxecto e a súa estratexia de posta en marcha.

"Esta primeira sesión de escoita é unha oportunidade para atender e aprender do movemento cultural de Lugo. Queremos que este espazo sexa un reflexo vivo das necesidades e aspiracións dos nosos artistas e axentes culturais," destaca Mauricio Repetto. O encontro será o punto de partida dunha serie de actividades de co-deseño que conectarán a profesionais da cultura tanto locais como estatais e internacionais, co obxectivo de establecer o arranque do CAM en 2025 a través da I Convocatoria de Residencias Artísticas.

O Coliving Artístico Municipal sitúase ao pé do Camiño Primitivo e busca unir a trama urbana de Lugo co seu entorno fluvial. Tras a rehabilitación da vivenda do pintor e escultor Gómez Pacios, o complexo conta agora con dúas edificacións para residencia, obradoiro e exhibición, así como unha ampla infraestrutura verde aberta a toda a cidadanía con programación propia. "A instlación non só é un lugar para crear, senón tamén un espazo para conectar e colaborar. Estamos comprometidos en facer deste proxecto un exemplo de innovación e revitalización cultural," engade Repetto.

Próximas actividades

Esta sesión de escoita será a primeira dunha serie de encontros de co-deseño que continuarán no outono deste ano. En eles, profesionais da cultura de diferentes ámbitos poderán compartir experiencias e proxectos, co fin de establecer o arranque do CAM en 2025. Ademais, planificáronse actividades como concertos acústicos e talleres interactivos para dar a coñecer as instalacións e fomentar a participación da comunidade.

"Estamos ilusionados cos primeiros pasos do Coliving Artístico Municipal. Este proxecto será un motor de creatividade e un punto de encontro crucial para a comunidade artística de Lugo," conclúe Repetto. As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico a cam@lugo.gal.

0.153813123703