O Comercio na Rúa volverá encher as rúas de Lugo o martes 31 de marzo

O vindeiro martes, 31 de marzo, terá lugar en Lugo unha nova xornada de Comercio na Rúa, que se prevé soleada e animada.
Comercio na Rúa é unha iniciativa de continuidade que se desenvolve o último martes de cada mes, organizada pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo.
Nesta ocasión participan preto de 80 establecementos adheridos á Federación, que poderán sacar os seus produtos á rúa e estarán debidamente identificados cunha banderola da campaña, garantindo a súa visibilidade para os clientes.
O obxectivo desta iniciativa é achegar o comercio local ao consumidor, poñendo en valor o sector e dinamizando o consumo na cidade.