O comercio volve saír á rúa: locais de Lugo Monumental dan á benvida á primavera

LugoXa
Tras o éxito acadado o pasado ano coas iniciativas da Benvida Primavera e Volta á casa, organizadas xunto coa Área de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello, Lugo Monumental está a preparar unha nova cita para o comercio na rúa, que será este venres 12 de abril.
9 Abr 2024

Tras o éxito acadado o pasado ano coas iniciativas da Benvida Primavera e Volta á casa, organizadas xunto coa Área de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello, Lugo Monumental está a preparar unha nova cita para o comercio na rúa, que será este venres 12 de abril.

A iniciativa de Los miércoles se salen foi creada trala pandemia, coma un xeito de que os comercios puideran mostrar as súas mercadorías sen as limitacións de aforo que se estableceron daquela. O éxito foi tal que, catro anos despois da crise sanitaria, seguen a saír mércores tras mércores sendo xa unha referencia na cidade.

O ano pasado, a petición dos comercios da Asociación, Lugo Monumental organizou unha edición especial destas saídas á rúa baixo o nome Benvida Primavera, que tamén foi unha boa medida e que se repetirá este ano. Os estatutos de Lugo Monumental vedan que a Asociación poida levar a cabo iniciativas fóra da súa área de actividade, é dicir, o fora do recinto amurallado da cidade. Ademais, é innegable que concentrar este tipo de iniciativas sempre dá mellor resultado.

Pero non queren deixar fóra a ningún interesado en participar, así que os que queiran facelo poderán instalarse conxuntamente na Praza de España. A formulación inicial da Asociación explicarase aos participantes, aínda que todas as decisión tomaranse por maioría dos comerciantes que acudan a este evento (tanto socios como non socios) como é habitual nas iniciativas de Lugo Monumental.

Os locais interesados poden pedir máis información á asociación enviando unha mensaxe de Whatsapp ao 644 637 444 ou un correo a asociacion@lugomonumental.es

0.19307613372803