O comercio volve saír hoxe á rúa durante todo o día
A Asociación de Autónomas de Lugo, que preside Marta López, celebra hoxe, xoves 20 de abril, unha nova edición da campaña Comercio na Rúa – Street Market.
Máis de 50 establecementos da cidade sacarán os seus produtos á rúa, con interesantes descontos. Unha boa oportunidade para coñecer e comprar no comercio de proximidade de Lugo.
Os produtos que se poderán atopar van desde roupa, cosmética, complementos, lenzaría, xoias, material informático,deportes ou zapatos, a prezos moi vantaxosos e coa atención e calidade que sempre ofrecen os establecementos lucenses.
Esta iniciativa conta co apoio da Federación de Comercio de Lugo, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, cuxos representantes farán un percorrido polos postos instalados a partir das 12.00 horas, con saída desde a Praza Maior de Lugo (diante do Concello).