O Concello aborda coa COAG o concurso de ideas do Carme

LugoXa
A alcaldesa, Paula Alvarellos, mantivo unha reunión este luns co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
reunion-coag_lugo
14 Jan 2025

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do director xeral de urbanismo, Hipólito Pérez, mantivo unha reunión este luns co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Luciano Alfaya, e a presidenta da delegación do COAG en Lugo, Carmen Figueiras, para abordar diversos temas de actualidade. Entre outros aspectos, a rexedora puxo sobre a mesa a súa intención de convocar un concurso de ideas para avanzar na rexeneración do barrio do Carme, “un proceso no que queremos ir da man dos arquitectos, de aí a importancia de manter unha colaboración fluída e o máis estreita posible”.

Alvarellos indicou que “tras o proceso de rexeneración e humanización que levamos a cabo neste barrio a través da estratexia DUSI Muramiñae, agora queremos dar un paso máis para recuperar un dos puntos máis emblemáticos e senlleiros da capital, favorecendo que a veciñanza se poida asentar nesta zona e promovendo así a súa dinamización económica”.

0.16875195503235