O Concello abre o mércores a inscrición ao curso de plataforma elevadora
A concellería de Xuventude do Concello de Lugo, que dirixe Mauricio Repetto, abrirá do día 18 ao 26 de maio o prazo de inscrición do curso de plataforma elevadora, dirixido a persoas desempregadas.
A formación terá unha duracióin de 8 horas e poderán acceder a ela medio centenar de persoas desempregadas e empadroadas en Lugo, cunha idade comprendida entre os 18 e os 55 anos.
O edil titular da área resaltou que esta iniciativa axudará a mellorar a empregabilidade dos participantes e promover a súa inserción laboral con coñecementos “que están a ser moi demandadados polo mercado laboral”.
No curso, os participantes aprenderán os elementos construtivos e de seguridade dos diferentes tipos de plataformas e as súas características, as normas de manexo e a compatibilidade cos lugares de traballo.
A actividade está incluída no programa Especialízate, do +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas. Para participar, é necesario inscribirse a través da web www.lugomasxti.org.
En total, haberá 2 grupos que realizarán a parte teórica o 28 de maio en dúas quendas de mañá e, as prácticas, entre o 30 de maio e o 2 de xuño en horario de tarde.