O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo para anotarse as actividades socioculturais de todo o ano

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei abriu o prazo de inscrición para as actividades da tempada 2022- 2023 que están divididas en catro bloques.
Casa_do_Concello_de_Outeiro_de_Rei
9 Out 2022

O Concello de Outeiro de Rei abriu o prazo de inscrición para as actividades da tempada 2022- 2023. Estas actividades estarán divididas en catro bloques, as culturais, deportivas, da OMIX e de Promoción da Muller, seguindo a dinámica de edicións anteriores. No apartado de cultura e lecer ofértanse actividades de danza moderna, obradoiros para festas, escola de maxia, robótica, bailes de salón (iniciación e perfeccionamento), viaxe ao Monte do Gozo e Santiago, costura básica e creativa, manualidades, viaxe á fervenza de Ézaro e restauración de mobles.

Dentro da oficina de información xuvenil a oferta contén ximnasia rítmica, obradoiro de coiro, inglés de preparación para o B1, escola de música (de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol), e pádel.

No capítulo do deporte haberá fútbol sala, ximnasia na auga, natación adultos, baloncesto, tenis, tiro con arco, patinaxe, pilates, ioga, BTT, natación infantil, rutas de sendeirismo, escola de motociclismo, curso de conducción de motociclismo, entrenamentos libres kart/moto en circuíto e tenis de mesa. Finalmente, no apartado de promoción da muller haberá formación en novas tecnoloxías e charla sobre prevención da violencia de xénero e a discriminación contra a muller.

Así mesmo, están previstas outras celebracións fesivas como a de Reis, Entroido e dos Nenos.

Por ser o número de prazas limitado estas cubriranse por rigoroso orde de inscrición, tendo sempre preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra. O prazo remata o 14 de outubro.

Ábrese tamén un apartado para os maiores, que terán as súas propias actividades con ximnasia para maiores, cursos de uso de smartphone, e excursións, como a Festa dos Maios e o taller de memoria.

As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán cotas a maiores da establecida: curso de 2 meses, 10 euros, cursos de 3 a 4 meses, 20 euros e de 5 meses en diante, 30 euros.

0.19520998001099