O Concello achegará 70.000 euros para acometer reparacións na Capela do barrio do Carme

LugoXa
El ayuntamiento firmó hoy un convenio de colaboración por el que aportará 70.000 euros para acometer reparaciones en la capilla del Carme.
convenio colaboración concello lugo diocesana
30 Dec 2021

O Executivo de Lara Méndez continúa dando pasos na posta en valor do barrio do Carme, onde o Concello sufragará parte do arranxo da súa Capela, atendendo así a petición realizada pola Confraría Virxe do Carme.

A alcaldesa asinaba hoxe un convenio de colaboración coa Diócese de Lugo, representada por José Manuel Penela Campos, a través do cal se formaliza a concesión dunha subvención municipal de 70.000 euros, autorizada esta semana en Xunta de Goberno, que se destinará ao arranxo dos danos que presenta a construción.

“Entre outras actuacións, urxe a reparación integral do tellado xa que o deterioro que presenta compromete a conservación dos bens dos séculos XVIII e XIX que atesoura no seu interior, así como a mellora do illamento exterior e a eliminación de humidades que lle afectan”, sinalou a rexedora.

Lara Méndez destacou a importancia que esta obra terá para o templo, “cun significativo valor patrimonial e identitario moi vinculado á historia de Lugo e á do Carme, polo que a acción tamén se enmarca no impulso decidido que, dende a Administración local, lle estamos a dar á recuperación do barrio”, apuntou a alcaldesa en alusión á Estratexia Dusi Muramiñae a través da cal, o Executivo está a desenvolver accións como o acondicionamento do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX ou a realización das catas arqueolóxicas ao lado da Porta Miña coas que se pretende incrementar a conectividade da trama urbana coa contorna fluvial dunha forma sostible e respectuosa.

A alcaldesa indicou alén que a Diócese comprométese pola súa parte a ceder ao Concello os terreos ubicados na traseira da Igrexa, “o que nos permitirá proxectar neles accións que redunden na habitabilidade e humanización da zona e na prestación de servizos de utilidade para a veciñanza nunha localización tan emblemática coma esta na que conflúen os tres patrimonios da Humanidade cos que contamos en Lugo: a Muralla Romana, a Catedral e o Camiño Primitivo”, concluíu Méndez ao tempo que enxalzou o labor realizado no coidado da Capela pola Confraría Virxe do Carme - unha das máis antigas e numerosas do municipio - presidida por Antonio de Los Ojos que tamén asistiu ao acto celebrado esta mañá.

0.17904710769653