O Concello aclara a contratación de vixiancia para a zona pública de baño criticada polo PP

LugoXa
Tras as críticas do PP o Concello fai aclaracións sobre a contratación de vixianza para a zona pública de baño do río Miño
Simulacion da Plataforma de Bano Publica I
10 Oct 2022

Despois de que Antonio Ameijide criticase que "Lara Méndez contratou seguridade privada para vixiar as pezas da inexistente praia fluvial"  o Concello aclara que "este servizo xa fora contratado con anterioridad para a vixilancia da plataforma de baño polos tres meses de verán en que ía estar instalada no Miño. O Concello realizou este investimento así como o da execución a medida da plataforma de baño, vestiarios, baño e mobiliario urbano, que superaron os 350.000 euros e que se licitaron tras a autorización da Confederación Hidrográfica sobre o emprazamento destas instalacións, co beneplácito da Xunta de Galicia".

Dado que a instalación non se realizou "polo cambio de criterio da propia Xunta de Galicia, o persoal asignado a estas tarefas pasou a desempeñar o seu traballo nas piscinas públicas exteriores de Frigsa" que foron gratuitas durante o mes de agosto para facilitar un espazo de baño e refresco ante as altas temperaturas do verán.

Unha vez reamata a tempada de piscina "o persoal de seguridade regresou á localización inicial da zona de baño, cumprindo co establecido e polo prazo de tempo recollido nos pregos equivalente ao período no que a plataforma, de non ser pola oposición da Xunta, debera ter estado operativa no río".

Dendo o Concello "lamentamos, unha vez más, que o PP non defenda os intereses dos e das lucenses e que, lonxe de preocuparse por reclamarlle a Xunta de Galicia o alto investimento que realizou o Concello e que tivo que paralizar a causa do cambio de opinión do Goberno galego, minta sobre a contratación do persoal de seguridade".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1988308429718