O Concello adquire un novo vehículo de traballo para a brigada de obras

LugoXa
Infraestruturas adquire un novo vehículo de traballo para a brigada municipal de obras. O novo furgón costou 25.446,79€
vehiculo traballo brigada municipal de obras
20 Out 2021

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou da adquisición dun novo vehículo de traballo para a brigada municipal de obras. “Trátase dunha acción necesaria para mellorar as condicións do persoal desta brigada, moi necesaria para a cidade debido aos traballos que realizan”, explicou Alexandre Penas.

“Avanzamos tamén de cara á sostibilidade, adquirindo novos vehículos con mellores prestacións e que realizan menos emisións de substancias contaminantes”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “a substitución tamén mellorará as condicións de traballo do persoal das brigadas, ao contar con maior espazo para a carga de material e ter elementos de seguridade cos que os vehículos antigos non contaban”.

Alexandre Penas afirmou “seguimos traballando para mellorar o parque móbil da brigada, mellorando as condicións do persoal municipal e a capacidade de traballo”. O edil de Infraestruturas lembrou que “esta compra compleméntase cos vehículos adquiridos no 2020, ademais dos alugados que serven para facilitar os desprazamentos do persoal técnico aos distintos traballos”.

0.18553400039673