O Concello de Lugo alerta dunha posible estafa nos controis analíticos da auga nas vivendas

LugoXa
O Concello de Lugo alerta dunha posible estafa logo de recibir comunicación por parte de Gestagua –empresa encargada da planta potabilizadora– de que o pasado fin de semana varios cidadáns se puxeron en contacto telefonicamente alertando de que “comerciais dunha compañía contratada polo Concello”, visitaron os seus domicilios para realizar tomas de mostras da auga de consumo dentro dos mesmos e tomar todo tipo de datos relativos ás persoas que residen nas citadas vivendas.
laboratorio investigar gotas auga mar
22 Nov 2023

O Concello de Lugo alerta dunha posible estafa logo de recibir comunicación por parte de Gestagua –empresa encargada da planta potabilizadora– de que o pasado fin de semana varios cidadáns se puxeron en contacto telefonicamente alertando de que “comerciais dunha compañía contratada polo Concello”, visitaron os seus domicilios para realizar tomas de mostras da auga de consumo dentro dos mesmos e tomar todo tipo de datos relativos ás persoas que residen nas citadas vivendas.

O edil de Transición Ecolóxica advertiu que “en ningún caso, o Concello, nin a empresa Gestagua, son responsables desta campaña. Os controis analíticos preceptivos lévanse a cabo de acordo coa normativa vixente por parte dunha empresa acreditada a tal fin e en ningún caso se toman mostras dentro de domicilios particulares, moito menos sen a debida acreditación da identidade”.

Dende a administración local alértase, polo tanto, á cidadanía do acontecido “para que tomen as debidas precaucións e impedir a entrada no seu domicilio a estes falsos representantes”, engadiu Fernández. O concelleiro lembrou tamén que “por actuacións similares no pasado, podería tratarse de empresas comercializadoras de equipos de depuración domésticos; o “modus operandi” das mesmas consiste en tomar mostras, que someten a unha falsa análise, consistente en enturbar a mostra e convencer ao usuario da necesidade de adquirir o correspondente equipo de depuración, que ten un alto custo, sen ser necesario.

Dende o Concello insístese de que calquera que sea o fin que persiguen, é fraudulento e completamente alleo á institución municipal.

0.2104799747467