O Concello colabora no aniversario dos 50 anos da SD Monterroso

LugoXa
O Goberno local do Concello de Monterroso colabora coa Sociedade Deportiva Monterroso nos actos que prevén organizar ao longo do ano con motivo da celebración do 50 aniversario do club de fútbol.
50 anos SD Monterroso 2024
31 Xan 2024

O Goberno local do Concello de Monterroso colabora coa Sociedade Deportiva Monterroso nos actos que prevén organizar ao longo do ano con motivo da celebración do 50 aniversario do club de fútbol.

Unha das iniciativas propostas polo club que dirixe Balbino Martínez Gómez é a de render homenaxe a diferentes personalidades que teñen feito posible este medio século de historia do equipo. Así se fará en cada un dos partidos que disputa o primeiro equipo en Cerdeiriños.

A primeira das homenaxes tivo lugar o domingo día 20 de xaneiro. Nela, Diego Gómez, home de orquestra durante moitos anos no club deportivo (xogador, directivo, delegado...), realizou o saque de honra. Ademais, Diego é neto de Pepe e Liberta, o primeiro utillero do club e a encargada da roupa dos xogadores ao inicio da súa historia, ambos xa falecidos.

A homenaxe deste sábado día 27 estivo dedicada a Luis Pereiro Vázquez, ex alcalde da localidade por ser o primeiro presidente na historia do club e un dos seus grandes impulsores.

Desde a directiva do SD Monterroso anuncian que haberá outros eventos conmemorativos, así como unha homenaxe especial para todas aquelas persoas que traballaron duro nos inicios do club.

0.20144891738892