O Concello da Fonsagrada homenaxeará ás mulleres a través das redes sociais

As persoas interesadas en sumarse a esta acción simbólica teñen que facer un debuxo, unha fotografía ou ben escribir unha frase, relacionada coa muller á que queren render homenaxe. A continuación faranlle unha fotografía ou escanearán ese traballo e enviarano ao correo electrónico tsocial@afonsagrada.org, indicando o nome, os apelidos, a localidade e mailo título da creación.
Os traballos, que serán publicados nas redes sociais do Concello fonsagradino, poden enviarse desde o día 3 ao 12 de marzo.