O Concello da Fonsagrada organiza un encontro do proxecto Galicia Latente sobre a importancia da cultura

LugoXa
No municipio lucense terá lugar o encontro chamado A Galicia do presente, que comeza cunha presentación sobre a importancia e dimensión da cultura no noso presente
concello-da-fonsagrada
Concello da Fonsagrada
22 Maio 2024

O Concello de A Fonsagrada organiza un encontro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente. Así mesmo planeta unha visión holística desde onde visibilizar os retos e oportunidades que nos están a conformar.

No municipio lucense terá lugar o encontro chamado A Galicia do presente, que comeza cunha presentación sobre a importancia e dimensión da cultura no noso presente, continuando cunha proxección do documental Galicia Latente e logo un coloquio titulado Retos e oportunidades da cultura galega, rematando cunha recollida de valores locais.

Na xuntanza, que será no salón de Plenos do Concello o sábado 1 de xuño a partir das 18.00 horas, estarán presentes diferentes personas referentes da cultura galega que están a vivir e traballar desde estas terras fonsagradinas. Deste xeito, dende o Concello agardan que haxa un debate amplo e convidan a todas as persoas interesadas no desenvolvemento cultural a asistir e participar nesta recolleita de percepcións da poboación fonsagradina.

Ten como obxectivo coñecer e concienciarse sobre o valor da nosa contorna, dos retos – como estamos a vivir o envellecemento poboacional ou a gestión do monte- e das súas potencialidades – como a cultura ou o patrimonio nos pode aportar riqueza, ou os recursos naturais -. Neste caso, comezamos cunhareflexión sobre a cultura local.

Galicia Latente ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de A Fonsagrada. O proxecto estivo presente nos seus orixes en Santiago, no Courel, París, Londres, Bruxelas ou San Cibrao. Así como agora nos concellos de Sober, Mañon, Sarreaus, Vicedo e Camariñas.

 

0.20087909698486