O Concello de Antas de Ulla continúa coa implantación do contedor marrón para a recollida da fracción orgánica

LugoXa
El ayuntamiento de Antas de Ulla adquiere un punto limpio móvil que favorece la reutilización y buena eliminación de residuos.
contedor marron antas de ulla
9 Feb 2024

O Concello de Antas de Ulla continúa coa implantación nas súas rúas do contedor marrón para a recollida da fracción orgánica.

“Deste xeito, no concello avanzamos no cumprimento das obrigas legais recollidas na recente lei de residuos estatal, onde se establece que os concellos debían instaurar antes do 31 de decembro de 2023 a recollida separada dos residuos de tipo orgánico”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.

Este programa consiste na instalación do contedor marrón na rúa, que se centra na área urbana do concello, así como ao longo da nacional 640 ao seu paso por Santo Estevo de Castro Amarante, San Xoán de Antas e Santiago de Dorra, dando servizo aos establecementos de grandes xeradores de refugallo orgánico como as superficies de alimentación, panaderías, froitarías e integrantes do canal Horeca.

De igual xeito, pretendese dar servizo nesta primeira fase ás vivendas que se atopen a menos de 150 metros da localización destes contedores marróns.

Ademais, aquelas persoas que soliciten o uso do contedor marrón ou de composteiros domésticos contarán cun desconto do 30% nos recibos pola recollida de lixo, grazas a unha modificación da ordenanza municipal para incentivar o uso diferenciado na xestión dos biorresiduos.

Os contedores, cunha capacidade de 240 litros, están dotados dun peche con chave co fin de evitar o depósito neles de residuos de natureza distinta da orgánica e de poder asegurar unha participación responsable.

A este respecto, o tipo de residuos admitidos indícase no propio contedor, permitíndose: restos de alimentos, tanto cociñados como crús, papel de cociña usado, pousos de café e pequenos restos de plantas e céspede, entre outros.

O depósito de residuos no contedor debe facerse sempre en bolsas compostables, residuos que finalmente serán tratados na planta de compostaxe de Sogama (Sociedade Galega de Medio Ambiente).

A participación na nova recollida, a solicitude da correspondente chave, así como de bolsas compostables, é totalmente de balde e pode facerse no teléfono do concello, 982 37 92 51 ou escribindo a concello.antasdeulla@eidolocal.es.

No momento da inscrición deberá indicarse un nome e teléfono de contacto así como o enderezo da vivenda ou establecemento, deste xeito, os usuarios inscritos contarán dende o ano 2024 coa citada bonificación do 30% no recibo da prestación do servizo de recollida de lixo.

Co fin de dar a coñecer o funcionamento do novo contedor, o concello de Antas de Ulla está a desenvolver unha campaña de comunicación dirixida á cidadanía e aos grandes produtores de fracción orgánica do concello, a que dará continuidade durante todo o ano 2024.

Este proxecto atópase cofinanciado pola Xunta de Galicia a o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través dos Fondos Next Generation da UE.

0.20026588439941