O Concello de Antas de Ulla convoca aos veciños e veciñas a participar nunha excursión

O Concello de Antas de Ulla convoca aos veciños e veciñas a participar nunha excursión especial o vindeiro 15 de abril, coa que se poderá descubrir o importante valor patrimonial do Vía Crucis e da Igrexa de Santa Mariña do Castro de Amarante.
A actividade, que terá lugar durante a Semana Santa, inclúe unha visita guiada onde monitoras especializadas explicarán a historia deste emblemático lugar, un dos maiores tesouros culturais da zona.
Para facilitar o desprazamento, o Concello ofrecerá un servizo de autobús, que se habilitará en función do número de persoas inscritas. As prazas son limitadas, polo que se recomenda efectuar a inscrición antes do 9 de abril.
As persoas interesadas en participar poden apuntarse chamando ao Concello de Antas de Ulla ao teléfono 982 379 251.
Esta é unha oportunidade única para coñecer a riqueza histórica e cultural da parroquia de Castro de Amarante nunha data tan significativa como a Semana Santa.