O Concello de Antas de Ulla inicia o arranxo de dous camiños
LugoXa
Estanse a executar as obras de pavimentación dos viais que unen Montecelos con Vilapoupre, e Vilasión con San Fiz
6 Mar 2021
O Concello de Antas de Ulla vén de iniciar as obras de pavimentación dos camiños que unen Montecelos con Vilapoupre, e Vilasión con San Fiz, no marco do proxecto de mellora do firme da rede viaria municipal.
Os traballos suporán a renovación do pavimento dos viais, que presentaba un estado bastante deteriorado, mediante a aplicación de aglomerado en quente. En concreto actuarase no tramo de 300 metros de Montecelos a Vilapoupre, e no tramo de algo máis de un quilómetro entre Vilasión e Sanfiz.
As obras lévanse a cabo con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas correspondente ao 2020/2021.
Desde o goberno local de Antas piden "precaución" ao desprazarse por estas vías.