O Concello de Antas de Ulla realizou traballos de mantemento nas 15 captacións de auga municipais

LugoXa
A rexedora de Antas de Ulla destacou como medidas fundamentais do novo goberno a redución dos gastos do Goberno nun 20%
limpeza captacions auga antas de ulla
6 Aug 2023

O Concello de Antas de Ulla estivo a realizar traballos de mantemento nas 15 captacións de auga que hai no municipio, co obxectivo de mellorar o servizo de abastecemento.

En concreto, limpáronse as captacións para impulsar a cantidade de auga que chega aos depósitos que abastecen á poboación. Unha tarefa imprescindible para manter os manantiais e a entrada de auga aos depósitos de abastecemento en boas condicións.

“Desde o primeiro dia, dixemos que a renovación e o correcto mantemento dos servizos e infraestruturas públicas serían unha prioridade de goberno”, asegura a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto.

Tamén se acometeron melloras nos accesos ás captacións, xa que en moitos casos estaban completamente deteriorados, co obxectivo de realizar mellor as labores de seguemento e conservación, especialmente durante o verán e as primeiras semanas de outono, época de máxima escaseza de auga.

“As traídas e abastecementos de auga son un servizo prioritaio que debemos conservar e manter en boas condicións”, engade García Porto.

Desde o Concello de Antas de Ulla, lémbrase aos veciños e veciñas a importancia de facer un consumo responsable de auga.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18145895004272