O Concello de Baleira celebra a sétima edición do seu popular Concurso de Tapas

LugoXa
O evento terá lugar entre as 20.00 e as 00.00 horas, e contará coa participación de catro locais da zona
Tapas-Baleira
25 Mar 2025

O próximo 4 e 5 de abril, o Concello de Baleira celebrará a sétima edición do seu popular Concurso de Tapas. Durante esas dúas xornadas, os asistentes poderán desfrutar dunha variedade de propostas gastronómicas en distintos establecementos locais.

O evento terá lugar entre as 20.00 e as 00.00 horas, e contará coa participación de catro locais da zona, que son A Marronda, Moneda, Neireo e Recundo D' Vane.

Cada un destes establecementos ofrecerá as súas mellores tapas para que os asistentes poidan degustar e votar a súa favorita.

Será unha excelente oportunidade para descubrir novos sabores e disfrutar dunha experiencia culinaria única no corazón de Baleira.

⚙ Configurar cookies
0.42649984359741