O Concello de Baralla organiza varias viaxes de verán ás diferentes praias de Galicia

LugoXa
O Concello de Baralla organiza varias viaxes de verán ás diferentes praias de Galicia durante os meses de xullo e agosto.
Praia Longara Barreiros
7 Xul 2023

O Concello de Baralla organiza varias viaxes de verán ás diferentes praias de Galicia durante os meses de xullo e agosto.

Así, comezarán este domingo, 9 de xullo, coa saída a unha praia de Foz; seguirán o 16 de xullo, cunha viaxe a Tapia de Casariego e o domingo 30 será para ir ata Ares.

Xa no mes de agosto, as saídas terán lugar a partir do 6, que a excursión será a unha praia de Barreiros, e o día 13 ata Miño, na Coruña.

Estas viaxes terán un custode 6 euros e haberá que abonalos os xoves ou venres anteriores a viaxe no centro sociocultural.

0.21572589874268