O Concello de Baralla reduce os servizos pola covid

LugoXa
Logo da detección dun positivo en covid entre os traballadores municipais, o Concello garante os servizos mínimos aos veciños e veciñas
concello baralla
10 Feb 2021

A detección dun caso positivo de coronavirus entre o persoal das oficinas municipais do Concello de Baralla obrigou aos responsables municipais a tomar medidas para garantir a seguridade. Despois de que este martes as instalacións da Casa Consistorial permanecesen pechadas para proceder á súa desinfección, o alcalde, Miguel González Piñeiro, aseguraba hoxe que o Concello "garantirá a prestación de servizos mínimos para calquera trámite de urxencia ou extrema necesidade" a pesares da "corentena preventiva" dalgúns dos traballadores.

Deste xeito, para calquera consulta, os veciños e veciñas poden poñerse en contacto co Concello no teléfono 982 36 33 03, en horario de 8.30 a 14.30 horas, ou ben a través do correo electrónico concellobaralla@concellobaralla.es.

O rexedor municipal confía en que esta situación afecte "o menos posible" aos veciños e lembra que está tamén dispoñible a sede electrónica do Concello para a realización de calquera trámite.

0.21062588691711