O Concello de Castro contesta ao PSOE que están no programa de compostaxe dende 2014

TerraChaXa | LugoXa
O goberno local fixo un comunicado para contestar á petición do PSOE de integrarse no Programa de Compostaxe doméstica
2 Feb 2021

O Concello de Castro de Rei fixo un comunicado para contestar á petición do PSOE de integrarse  no Programa de Compostaxe doméstica asegurando que xa están integrados no mesmo dende o ano 2014.

Explican que nesta data comezouse co reparto de composteiros, un total de 30, “polo que estando adheridos ao mesmo só cabería a ampliación do programa”.

Engaden dende o Concello que o resultado producido polo reparto de composteiros “non foi o previsto” xa que nuns casos non se notou a redución do volume de materia orgánica nas zonas onde se instalaron e noutros observouse que os composteiros estaban sen uso, razón pola que non optaron pola ampliación do programa.

“Dende o Concello existe disposición a volver intentalo, a través da solicitude a Sogama de ampliación do programa de compostaxe, coa finalidade de concienciar á poboación de que a compostaxe doméstica pode reducir notablemente a materia orgánica na recollida diaria”, conclúen

0.12171912193298