O Concello de Castro de Rei fai a próxima semana a recollida de residuos voluminosos
O Concello de Castro de Rei procederá os días 13, 14 e 15 de xullo, á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.
Os interesados no servizo deberán chamar previamente ó teléfono 982 314 034 para informar dos enseres a recoller indicando nome, dirección e teléfono de contacto.
A recollida realizarase a partir das 8.00 horas de forma domiciliaria, debendo estar depositados os enseres en lugares accesibles para a súa carga co camión pluma. Os camións non entran nas fincas, polo que deben deixarse os enseres na pista de acceso ou preto do contedor correspondente.
Entre os residuos que se recollen admítense electrodomésticos, mobles, sofás, portas, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persianas, xoguetes rotos, etc.
Por outra banda, aclaran que non se recollerán escombros, sanitarios ou obxectos xerados por reformas de vivendas.