O Concello de Castro de Rei remata a rehabilitación da Fonte da Troita

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei está a concluir os traballos de intervención na Fonte da Troita, no Lugar de Couto de Á, Parroquia de Ramil, un elemento arquitectónico cun valor moi singular, moi vinculado ao patrimonio inmaterial do Castro de Viladonga, que se atopa a  pouca distancia da fonte.
fonte da troita couto de a
12 sep 2023

O Concello de Castro de Rei está a concluir os traballos de intervención na Fonte da Troita, no Lugar de Couto de Á, Parroquia de Ramil, un elemento arquitectónico cun valor moi singular, moi vinculado ao patrimonio inmaterial do Castro de Viladonga, que se atopa a  pouca distancia da fonte.

Os traballos realizados consistiron na limpeza, restauración e consolidación das estructuras, tanto da fonte como do lavadoiro, asentamento e recolocación de pedras así como consolidación de recheo de ocos. Igualmente procederase á colocación dun letreiro no que se indica o nome da fonte.

Durante os traballos de limpeza e restauración apareceron diversos elementos singulares, como vidros, cerámica, porcelana, etc, sendo o máis destacado un anel de muller con unha pedra, que resulta moi singular e moi vinculado á lenda que existe en relación coa fonte, na que se relata que unha princesa moura atopábase peinando os seus cabelos preto da fonte, cando foi transformada en troita, polo que se quedou alí a vivir.

Por outra banda cómpre destacar que a fonte atópase ubicada nun emprazamento histórico, xa que está situada á beira da Vía Rexia do Norte, variante do Camiño Norte de Santiago que se desvía en San Tirso de Abres, para chegar ata a Cidade de Lugo e unirse ó Camiño Primitivo, sendo un itinerario que está datado dende o ano 1249.

Dende o Concello queremos destacar a importancia da recuperación dos elementos que forman parte do noso patrimonio histórico e que iniciamos xa hai anos coa recuperación da Fonte da Virxe, na Parroquia de Duancos e queremos continuar, e a que se sumarán o Peto de Ánimas de Balmonte, a Cruz de Quintela en Orizón, e varias fontes do noso Concello que temos previsto recuperar.

fonte da troita couto de a 2
fonte da troita couto de a 3
0.20055890083313