O Concello de Castro de Rei retoma as clases de zumba este mes

LugoXa | TerraChaXa
Desde a organización sinalan que o horario podería variar en función das necesidades
clases-zumba-friol-portada
1 Oct 2025

O Concello de Castro de Rei anuncia o regreso das clases de zumba, unha actividade pensada para todos os públicos que busca fomentar o exercicio físico, a diversión e a vida saudable. As sesións desenvolveranse en dúas localizacións do municipio. Os xoves, de 19:00 a 20:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo, en Castro de Rei, mentres que os venres, no mesmo horario, será no salón de actos do Mercado Gandeiro de Castro Ribeiras de Lea.

O prezo da actividade é de 15 euros e as persoas interesadas poden obter máis información ou inscribirse a través do teléfono 633 259 240. Desde a organización sinalan que o horario podería variar en función das necesidades.

Con esta proposta, o Concello de Castro de Rei anima á veciñanza a participar nunha iniciativa que combina baile, deporte e entretemento, unha oportunidade para poñerse en forma ao tempo que se pasa un bo rato en comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.095273017883301