O Concello de Castro de Rei saca a licitación as escolas deportivas municipais
O Concello de Castro de Rei iniciou o proceso de licitación do contrato das escolas deportivas municipais e actividades de lecer e tempo libre extraescolar e vacacional, co que se pretende favorecer a conciliación familiar e laboral das familias da comunidade educativa ao tempo que se pretende impulsar a práctica físico-deportiva, recreativa e saudable a través da prestación dos servizos de actividades deportivas, piscinas, madrugadores e campamentos de verán, dentro do programa de conciliación da vida familiar e laboral das familias, así como a prestación de diferentes actividades relacionadas co lecer entre as que se atopan o día do neno, actividades de nadal ou Entroido.
O período de duración do contrato unha vez adxudicado, será de dous anos, con posibilidade de prórroga por un ano máis, ascendendo o seu importe base de licitación á cantidade de 144.770,64 euros, (IVE incluído) anuais.
Dende o Concello valoran "positivamente este servizo que permite a conciliación laboral e familiar, que achegamos a toda a comunidade educativa do concello, con actividades que se celebran nos núcleos de Castro de Rei e Castro Ribeiras de Lea, vinculadas ao CEIP Ramón Falcón e ao Veleiro Docampo.