O Concello de Castroverde abre o prazo de inscrición para as súas escolas municipais.
As escolas municipais de Castroverde abren o seu prazo de inscrición ata o 15 de setembro para aqueles alumnos que queiran comezar no mes de outubro. Estas inscricións realizaranse nas oficinas municipais e será necesario un mínimo de alumnos para poder levar a cabo cada unha das actividades ofertadas. Este ano o Concello de Castroverde oferta as seguintes actividades.
Natación está destinada para neno e nenas entre os 3 e os 16 anos e terá lugar os venres de 16.30 a 17.15 no Centro Deportivo D10. O custo por persoa será de 25€ mes e precisarase un mínimo de 20 alumnos para poder levar a cabo a actividade.
Dentro das actividades ofertadas atópase tamén Judo destinado a nenos e nenas entre os 3 e os 16 anos con un horario de 16.15 a 17.15 os martes e de 15.30 a 16.30 os xoves e que se impartirá no ximnasio do CPI de Castroverde. O custo por persoa será de 12€ mes e precisarase un mínimo de 10 alumnos para poder levar a cabo a actividade.
Ximnasia de mantemento é unha actividade destinada a maiores de 16 anos que se impartirá os luns e mércores de 21.00 a 22.00 e os venres de 20.00 a 21.00 no ximnasio do CPI de Castroverde. O custo por persoa será de 18€ mes e precisarase un mínimo de 15 alumnos para poder levar a cabo a actividade.
E por último o Concello de Castroverde oferta Baile latino e de salón para maiores de 16 anos os venres de 21.00 a 22.30 no ximnasio do CPI de Castroverde. O custo por persoa será de 30€ mes e precisarase un mínimo de 16 alumnos para poder levar a cabo a actividade.