O Concello de Castroverde celebra a súa Festa da Xuventude esta noite de sábado

LugoXa
As persoas que se acheguen a desfrutar desta festa poderán bailar coa música das orquestras Marbella e Origen
festa-xuventude-castroverde
27 Dec 2025

O Concello de Castroverde celebra a súa Festa da Xuventude, que terá lugar esta noite de sábado, 27 de decembro.

Así, a partir das 23.00 horas as persoas que se acheguen a desfrutar desta festa poderán bailar coa música das orquestras Marbella e Origen.

Marbella é unha agrupación musical peruana coñecida polo seu estilo fresco e moderno dentro do xénero tropical. Interpretan unha mestura de cumbia, salsa e outros ritmos bailables que conquistaron a públicos de todas as idades.

Origen está formado polos ex-cantantes de París de Noia, Santi Pulido e Zeus RB, xunto con Ibrahim Rivero, Juan Carlos Fernández, Megara e El Capo. A agrupación defínese como unha de "as máis potentes" do panorama musical das verbenas.

A 0rganización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

⚙ Configurar cookies
0.082513093948364