O Concello de Castroverde entrega os premios do concurso de decoración

LugoXa
A concelleira de Cultura do Concello de Castroverde fíxolles entrega dos correspondentes diplomas aos gañadores do concurso de decoración de escaparates con motivo do Nadal 2023, organizado polo Goberno local.
29 Dec 2023

O primeiro premio, dotado con 300 euros, correspondeu a Súper Otero 21 mentres que o segundo, de 200 euros, foi para Serra Castroverde SL. O terceiro correspondeu a Almacenes Balonga, que recibirá 100 euros.

Este premio en diñeiro en metálico deberán gastalo nos distintos establecementos comerciais participantes no concurso, exceptuando no propio de cada un, "polo que é un diñeiro que queda no pobo, e no que saen gañando tamén outros establecementos aínda que non foran premiados", explican desde o Concello.

0.11058712005615