O Concello de Castroverde implanta un grupo de whatsapp para comunicarse cos veciños

LugoXa
Castroverde é outro dos concellos que implantarán a comunicación a través da aplicación whatsapp do teléofno móbil.
Servizo whatsapp castroverde 2
7 Ago 2023

Castroverde é outro dos concellos que implantarán a comunicación a través da aplicación whatsapp do teléofno móbil.

Así o fará a través do número de teléfono municipal, o 982 312 080. Para unirse, os veciños deberán gardar este número no seu móbil e enviar unha mensaxe pola aplicación coa palabra ALTA. 

A través deste servizo o Concello comunicará tanto información de servizo, como diferentes novas da xestión municipal e tamén datas de eventos deportivos, culturais, etc. 

Este servizo é gratuíto para os usuarios da aplicación de telefonía móbil.

Servizo whatsapp castroverde 2
0.14448809623718