O Concello de Castroverde organiza un concurso de microrrelatos polo Día das Letras Galegas

LugoXa
O Concello de Castroverde organiza un concurso de microrrelatos polo Día das Letras Galegas coa temática Entre lusco fusco
concurso castroverde
14 Abr 2023

Con motivo do Día das Letras Galegas o Concello de Castroverde organiza a terceira edición do concurso de microrrelatos. A participación está aberta a todas as persoas que o desexen a partir dos doce anos. No caso dos menores deberán presentar un consentimento dos seus titores legais.

Este ano a temática do concurso será Entre lusco e fusco e deberán estar escrito en lingua galega, ser orixinais e inéditos. O prazo de presentación dos microrrelatos será dende o 17 de abril ata o 17 de maio de 2023.

O xurado estará composto por persoas especializadas en materia lingüística e valorará os microrrelatos tendo en conta os criterios de ortografía, gramática e claridade do texto, adecuación ó tema proposto e a creatividade, orixinalidade e a calidade da obra.

O concurso establece un total de catro premios, 400€ para o primeiro, 200€ para o segundo, 100€ para o terceiro e 60€ para o cuarto clasificado.

Para participar realizarase un envío por correo electrónico ao enderezo microrrelatos.castroverde@gmail.com e figurar como asunto: III Concurso de microrrelatos do Concello de Castroverde.

Este correo deberá contar con dous documentos en formato PDF. No primeiro nomearase co título do microrrelato e conterá exclusivamente o texto do microrrelato, en letra tipo Arial, 12 puntos, interliñado 1.5, sen sinatura.

O segundo documento nomearase co título do microrrelato e dentro conterá os datos identificadores da persoa autora do texto: Nome e apelidos, copia dixital do NIF, enderezo postal, correo electrónico e teléfono.

0.1907799243927