O Concello de Castroverde organiza un concurso de postais de Nadal
O Concello de Castroverde organiza un concurso de postais de Nadal no que poderán participar todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos que sexan alumnos do CPI de Castroverde.
O concurso conta con 11 categorías, unha por cada curso escolar e os deseños presentados poderán realizarse a man en papel ou cartolina cun tamaño máximo dun A4.
A data límite para a presentación dos traballos é o 16 de decembro e será necesario que a parte de atrás de cada traballo se especifiquen os seguintes datos: nome e apelidos do autor, domicilio, data de nacemento, curso académico, teléfono e sinatura.
O xurado estará composto por varias persoas do Concello de Castroverde e por cada categoría haberá un premio sorpresa, que será para os autores dos deseños mais valorados polo xurado.