O Concello de Castroverde pon a disposición da veciñanza trampas e líquido contra as velutinas

LugoXa
O Concello de Castroverde informa, nun bando, que porá a disposición da veciñanza trampas e líquido atraente contra as velutinas
vespa velutina
3 Maio 2022

O Concello de Castroverde vén de informar que, en prol de colaborar coa veciñanza para frear o avance da vespa velutina, porá a disposición de quen así o desexe, trampas e líquido atraente de forma gratuíta para frear a súa expansión. En especial, esta iniciativa vai dirixida a aqueles que poidan verse máis afectados por esta praga como poden ser os apicultores da localidade.

Todos aqueles interesados en adquirir unha destas trampas deberán acudir a recollelas ás oficinas do Concello, entre as 8.30 e as 14.30 horas de luns a venres. Unha vez esgotadas as unidades de líquido poderán solicitalo de novo ao concello ata esgotar as existencias.

Con todo, nun bando municipal o Concello explica que o líquido atraente tamén se pode facer artesanalmente na casa. Na receita explicada por parte do Goberno Municipal, consta litro e medio de viño, un lito de auga, uns 300 gramos de azucre, un vaso de vinagre de viño e axitalo todo para diluír o azucre.

Pola súa banda, o Goberno municipal especifica que as trampas deberán pendurarse en lugarses onde poidan estar habitualmente as velutinas como camelias, árbores frutais e similares.

O obxectivo é frear que aparezan niños secundarios. En caso de ddetectarse algún, como veñen recomendando as autoridades dende a aparición da praga, deberá informarse ao 012 para que tome as medidas necesarias para a súa retirada.

0.072434902191162