O Concello de Castroverde prepara uns obradoiros de Nadal para os nenos
LugoXa
El Ayuntamiento de Castroverde organiza unos talleres de navidad para los niños de la zona. Actividad dirigida a niños de 3-16 años.
27 Nov 2021
Actividades de Nadal para os máis novos do Concello de Castroverde. O Concello de Castroverde impulsa uns obradoiros de Nadal para os máis novos da vila.
A actividade está dirixida a nenos e rapaces de entre 3 e 16 anos. Encargaranse de realizar todo tipo de adornos para o Nadal con materiais reciclables.
Este tipo de talleres fomentan o aproveitamento de residuos e impulsa a creatividade. Os obradoiros terán lugar os días 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e os días 3 e 4 de xaneiro cun horario de 10.00 a 14.00 horas.
Terán lugar no centro social e o custo por persoa é de 10 euros. A inscrición realizarase nas oficinas do Concello.