O Concello de Castroverde rende homenaxe a Manuel Arias Fernández polo seu centenario

LugoXa
Como recoñecemento á súa longa traxectoria vital, fíxoselle entrega dunha placa conmemorativa nun acto que reuniu á súa familia e veciñanza
Centenario-Castroverde
7 May 2025

O Concello de Castroverde celebrou un emotivo acto de homenaxe ao veciño Manuel Arias Fernández con motivo do seu centenario.

Como recoñecemento á súa longa traxectoria vital, fíxoselle entrega dunha placa conmemorativa nun acto que reuniu á súa familia e veciñanza.

Manuel Arias Fernández naceu en Maderne, no Concello da Fonsagrada, no seo dunha familia numerosa con once irmáns. Na súa mocidade trasladouse a Cabreira, en Baleira, onde exerceu como caseiro e se dedicou aos traballos do campo. Foi tamén en Cabreira onde coñeceu á súa esposa, coa que formou unha familia e tivo dúas fillas.

Tras varios anos en Cabreira, o matrimonio trasladouse a Neira de Rey, e posteriormente ás parroquias de Santadrao e San Paio, xa no Concello de Castroverde, onde continuaron traballando como caseiros. Finalmente, estableceron a súa residencia definitiva en Bolaño, lugar no que construíron a súa propia vivenda.

Na actualidade, Manuel vive xunto á casa do seu neto e a escasos metros da vivenda da súa filla, rodeado do cariño da súa familia.

O Concello de Castroverde quixo con este xesto recoñecer a historia de vida dun home que representa os valores de traballo, dedicación e apego á terra.

⚙ Configurar cookies
0.18370580673218