O Concello de Castroverde selecciona tres peóns de servizos múltiples

LugoXa
El Ayuntamiento de Cs¡astroverde abre la convocatoria para la contratación de tres peones de servicios múltiples mediante oposición.
castroverde concello
15 Feb 2022

O Concello de Castroverde ten aberto o proceso de selección para a contratación de tres peóns de servizos múltiples como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento do Emprego de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021. Os contratos serán de xornada completa e terán unha duración de dous meses.

As bases desta convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Castroverde e na súa páxina web oficial, ademais de no BOP do día 14 de febreiro. O sistema de selección dos aspirantes será o de oposición.

O posto referido está adscrito ao servizos públicos esenciais para acondicionamento, mantemento e limpeza de accesos a núcleos de poboación, camiños e vías municipais mediante roza manual, limpeza e conservación do entorno de espazos públicos, áreas recreativas e rutas, e obras de reparación en xeral.

Para participar no proceso selectivo, os aspirante deberán estar desempregados ou en situación de mellora de emprego con independencia de que a xornada laboral sexa parcial ou completa.

A fase de oposición consistirá na realización dunha proba teórica e outra práctica.

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes dende hoxe día 15 ata o 21 de febreiro. O sistema de selección será oposición.

0.2101879119873