O Concello de Cervantes celebra o Entroido cun baile de disfraces o 1 de marzo

O vindeiro sábado 1 de marzo, o Concello de Cervantes organizará un divertido baile de disfraces no polideportivo de San Román para festexar o Entroido.
A cita será de 18.30 a 22.30 horas e contará cun programa repleto de actividades para todas as idades.
A música estará a cargo de Christian Preciado, que animará a velada con os seus ritmos festivos. Ademais, haberá xogos e un sorteo de agasallos para todas aquelas persoas que se presenten disfrazadas, garantindo así que a diversión non falte en ningún momento.
Para os máis pequenos, o polideportivo contará con hinchables totalmente gratuitos, para que tamén poidan gozar da festa ao máximo.
O Concello de Cervantes fai un chamamento a toda a veciñanza para que se sume á celebración co seu mellor disfraz e participe dunha das festividades máis esperadas do ano.