O Concello de Cervantes inviste máis de 26.500 euros en Chan de Lagares e Padornelo

O Concello de Cervantes vén de acometer obras de mellora nos camiños situados en Chan de Lagares e Padornelo, co obxectivo de facilitar os accesos e garantir unha circulación máis segura para os veciños e veciñas destas zonas.
Estes traballos, financiados ao 100% con fondos propios municipais, supuxeron un investimento total de 26.547,40 euros.
Desde o executivo local destacan que continúan traballando para atender as necesidades da veciñanza e manter en condicións óptimas as vías que comunican o territorio, que se estende por máis de 275 quilómetros cadrados.
Con esta intervención, o Concello reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas básicas e coa seguridade viaria nas distintas parroquias do municipio.