O Concello de Cervantes organiza unha formación gratuíta sobre coidados a persoas dependentes

LugoXa
Esta iniciativa busca ofrecer ferramentas prácticas para familiares e profesionais que atenden a persoas dependentes
centro-de-servizos-múltiples-Casa-Catoira-Cervantes
24 Apr 2025

O Concello de Cervantes convoca a toda a veciñanza interesada a participar nunha xornada formativa gratuíta titulada 'Mobilizacións e traslados en persoas dependentes', que se celebrará este venres, 25 de abril, en San Román.

A formación terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Concello (Casa da Catoira), e dará comezo ás 16:30 horas. As persoas asistentes recibirán un diploma acreditativo ao finalizar a sesión, o que supón unha oportunidade para aquelas persoas que desexen ampliar os seus coñecementos e habilidades no ámbito dos coidados.

Esta iniciativa busca ofrecer ferramentas prácticas para familiares e profesionais que atenden a persoas dependentes, mellorando a calidade dos coidados e garantindo unha correcta manipulación e traslado dos usuarios para evitar lesións tanto nos coidadores como nas persoas asistidas.

As prazas son limitadas, polo que todas as persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono do Concello: 982 36 49 04.

O goberno local anima á participación nesta actividade, subliñando a importancia de formar e apoiar ás persoas que se ocupan dos coidados no día a día, especialmente no ámbito rural, onde moitas veces son os propios familiares os principais coidadores.

⚙ Configurar cookies
0.085259199142456